:que é:



O Club é un lugar onde compartir a nosa afección pola literatura.

Está dirixido a calquera  rapaz ou rapaza de 6 a 8 anos que lle interese. Isto é, de 1º e 2º de Ed. Primaria, ambos os cursos incluídos, aínda que aceptariamos mozos ou mozas máis pequenos, se a súa capacidade comprensiva e de lectura se adecuase máis a este grupo, ou mozos e mozas de máis de 8 que por calquera motivo queixeran pasarse polo club aínda que sexan algo maiores.

Propoñémosvos un libro cada mes.

O terceiro sábado do mes reunímonos durante unha hora e facemos unha lectura do libro selecionado,  intercambiamos opinións  e realizamos unha actividade relacionada con el: realizar un debuxo ou unha manualidade, xogar co libro, os seus personaxes ou as palabras...