domingo, 11 de diciembre de 2016

"O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba", de Miguelanxo Prado e David Aceituno


Dedicamos a sesión de decembro a un libro ilustrado por Miguelanxo Prado , con textos de David Aceituno e editado polo Patito Editorial.


"O dragón sentiu un formigo no fociño, pechou as palpebras, colleu aire coma se fose a sobrar as candeas dunha torta de aniversario e... ACHÍSSSS! E tan forte foi o seu esbirro que o dragon espeluxou a princesa, arrincou os pétalos da flor, tropezou co cabaleiro e, dando un gran pinchacarneiro... saíu daquel libro aberto sen dicir nin abur."
 

Ao noso dragón protagonista ocórrelle algo asombroso: cada vez que estornuda cambia de conto. De estornudo en estornudo iremos visitando a personaxes de contos que todos coñecemos... aínda que non da forma que os coñecemos
Aproveitaremos esta lectura para xogar cos contos clásicos. Para iso volveremos utilizar a nosa "caixa magica", coa que xa se divertiron outras veces!



Esperamos vervos a todos na nosa próxima sesion!

Ata entón ...felices lecturas!

martes, 29 de noviembre de 2016

Novembro: Construíndo palabras



A sesión de novembro dedicámola a "A gran fábrica de palabras", un álbum de Agnès de Lestrade, ilustrado por Valeria Docampo e editado por Editorial Tramuntana, que nos fala dun lugar moi especial, da maxia das palabras.. e nos conta unha bela historia de amor.

Os nenos tentaron imaxinar como llas apañarían se non puidesen usar as palabras, e xurdiron moitas ideas e discusións ...es difícil de imaxinar ..verdade? 


A actividade que tiñamos preparada deu pé a que todos buscasen palabras para construír ...palabras útiles, inútiles, bonitas, e mesmo feas!



Despois de xogar co alfabeto e traballar nos seus cadernos, aínda quedou tempo para gozar un intre dos libros seleccionados pola biblioteca de Monte Alto ...grazas mozas!




En breve publicaremos a nosa suxestión para decembro ...ata entón felices lecturas!

domingo, 30 de octubre de 2016

"A gran fábrica de palabras", de Agnès de Lestrade e Valeria Docampo


A sesión de novembro dedicámoslla a un álbum de Agnès de Lestrade, ilustrado por Valeria Docampo e editado por Editorial Tramuntana, que nos fala dun lugar moi especial, da maxia das palabras.. e no conta unha bela historia de amor.


Existe un país onde a xente case non fala. Nese estraño país, hai que comprar e tragar as palabras para poder pronuncialas.

 

Xavier necesita palabras para abrir o seu corazón á fermosa Neves.  Pero cales pode elixir?

 

Porque, para dicir o que quere dicir a Neves, necesítase unha fortuna! Non se pode equivocar...     




jueves, 27 de octubre de 2016

OCTUBRE: NENOS QUE COMEN LIBROS


Iniciamos o club de Primeiros lectores cun libro moi divertido, e moi apropiado, sobre un neno que come libros.



Este ano deixamos os carnés, e estreamos club cunhas chapas, que os nenos deseñaron, para que sexan a súa insignia do club. Estas son algunhas delas ...



Por últimos tivemos un intre para poder gozar dos libros que, como sempre, nos presta a bliblioteca de Monte Alto. Moitas grazas!


En breve publicaremos a nosa suxestión de lectura para o mes de novembro. Esperamos vervos alí!
Ata entón ...felices lecturas!





viernes, 7 de octubre de 2016

"o incrible neno comelibros", de Oliver Jeffers



Iniciamos o ano cun libro moi divertido dun autor que nos encanta: "O incrible neno comelibros", de Oliver Jeffers. Un libro editado por Fondo de Cultura Económica



A Henrique encantábanlle os libros. Pero non como a ti e a min. Para nada... a el gustáballe comelos!

 

Esta é a historia de Henrique, un neno ao que lle encantan os libros, pero non como a calquera neno poden gustarlle. Un día, mentres tiña nunha man unha paleta e na outra un libro, Henrique, distraídamente, probou o libro. Notou que lle gustaba, e aínda que tiña as súas dúbidas decidiu comer primeiro unha palabra, daquela unha oración e, despois, unha páxina, logo dun par de días comeu un libro enteiro. Inexplicablemente o coñecemento que contiñan os libros chegaba ao cerebro de Henrique, e pensou que con isto en pouco tempo podería ser a persoa máis lista do mundo, pero de súpeto todo empezou a complicarse...





domingo, 25 de septiembre de 2016

Estamos de volta!


Iniciamos xa hai dous anos o noso club de lectura con nenos en educación infantil, para os que aínda quedaba lonxe ler polos seus propios medios.

Pero os nosos nenos crecen, e xa empezan a facer os seus primeiros pasos coa lectura. E con eles crecemos nós.

Ábrese un novo club de lectura, orientado a nenos de primeiro e segundo de primaria...os que están a empezar. E esperamos que sigades acompañándonos nesta nova etapa.
Aos que aínda non nos coñecen, animámosvos a achegarvos ao club de lectura: un lugar onde compartir e gozar dos libros. Se queredes ver que é o que facemos podedes visitar o blogue do Club de Iniciación á lectura AQUI

En breve publicaremos a nosa suxestión de lectura para abrir o ano, coa nosa primeira sesión o terceiro sábado de outubro.

Mentres tanto, convidámosvos a que visitedes as páxinas deste blogue, que écando e donde e cómo funciona, onde vos explicamos con detalle en que consiste esta iniciativa e como podedes formar parte dela.

A primeira sesión do club celebrarase o día 15 de outubro, ás 12:30 no Centro cívico Cidade Vella. Esperámosvos!

Ata entón...felices lecturas!

Club Primeiros lectores